Engadir Comentario

 20/01/2009
 Recibida
 Cambio de estado a "Recibida"

A Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, discrimina aos usuarios que non usan Windows.

Entre os requisitos de acceso á Oficina Virtual ( http://www.economiaefacenda.org/web/portal/oficina-virtual-requisitos-acceso ) temos o seguinte:

  • Para acceder á Oficina Virtual da Consellería de Economía e Facenda recoméndase o uso do navegador Internet Explorer (IE).
  • A versión mínima do IE requerida é a 5.5. o Pódese comprobar a versión de IE e o SP instalado na opción "Acerca de Internet Explorer" do menú "Ayuda" na ventana do IE
  • No caso de ter unha das versións 5.5 ou 6 do IE será preciso ter instalada a actualización SP1 que corresponde a dita versión do navegador. o Pode descargar as últimas versións do IE premendo na seguinte ligazón, descargar Internet Explorer."

Para usar para empregar a firma dixital (sen a cal non se poden levar a cabo os trámites necesarios) hai que instalar SDXsetup.exe, binario pensado para ser executado só nos sistemas operativos de Microsoft.

Asemade, a Oficina Virtual do Empregado Público só ten accesibles tódalas opcións para usuarios de Windows (levan así anos...).

Nin que dicir ten que todas estas discriminacións son totalmente innecesarias. Abondaría con cumprir os estándares web do consorcio W3C.

Motivos denunciados
Cambio de estado a "Recibida"
Denuncia aceptada e aberta para comentar.
Cancelar